Francisco Ballón Pequeño, dos Estados Unidos á Coruña pola loita social

Francisco Ballón Pequeño, nado en Fisterra en 1899 e finado na Coruña o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Retornado da emigración dos Estados Unidos de América, asentouse na Coruña. Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi cadro da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da CNT e despois da Sección de Redeiros do Sindicato da Industria Pesqueira da CNT. En 1936 formaba parte do grupo anarquista Los Iconoclastas e exercía como secretario da Federación Local de Grupos Anarquistas da Coruña (FAI).

Foi compañeiro da militante anarquista Sebastiana Vitales.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Aparece como un dos asinantes dun panfleto falso difundida polas autoridades desconvocando a folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Jaime Rodríguez GarcíaCipriano Alvite AlonsoVenancio Seoane GarcíaJulio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena

fonte:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Ball%C3%B3n_Peque%C3%B1o

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/fisterra/2017/05/16/historia-cruel-hombres-fisterran-francisco-ballon/0003_201705C16C6992.htm

A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento.

Fernández, EliseoPereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas.

Lamela, Luis (1995). Crónica de una represión en la Costa da Morte. Sada: Do Castro.

Deixar un comentario