Sebastiana Vitales Gastón, anarquista valente

“Sebastiana Vitales Gastón, A Bastiana, nace en marzo de 1902 en Huesca. Aos 18 anos emigrou aos Estados Unidos, establecéndose en San Francisco. Nesta cidade coñeceu nun baile da Asociación Naturista Hispana, ao anarquista fisterrán, Francisco Ballón Pequeño, con quen casa. Ambos frecuentaban a colonia libertaria “Francisco Ferrer” de Stelton-Nueva Jersey. En 1933 a parella retornou á Península e, tras un tempo en Ansó, estableceuse na Coruña.

Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI (Federación Anarquista Ibérica).Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 acompañou a Federica Montseny na súa xira polo país, compartindo cartel con ela no cine Cuatros Caminos. Esta, no seu libro Impresiones de un viaje por Galicia, fala da súa seriedade e abnegación.

Seguir lendo

Francisco Ballón Pequeño, dos Estados Unidos á Coruña pola loita social

Francisco Ballón Pequeño, nado en Fisterra en 1899 e finado na Coruña o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Retornado da emigración dos Estados Unidos de América, asentouse na Coruña. Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi cadro da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da CNT e despois da Sección de Redeiros do Sindicato da Industria Pesqueira da CNT. En 1936 formaba parte do grupo anarquista Los Iconoclastas e exercía como secretario da Federación Local de Grupos Anarquistas da Coruña (FAI).

Seguir lendo