Victor López Rodríguez, preso por axudar a un falecido

Víctor López Rodríguez naceu o 1 de marzo de 1910 en Lugo  era chófer  da Xefatura de Obras Públicas da de Lugo. En agosto de 1945, Víctor depositou nunha estrada ás aforas da cidade de Lugo o cadáver dun guerrilleiro que finara de morte natural escondido nunha casa particular, tratando de impedir represalias contra os donos da vivenda.

Segundo a peza separada número 9 da causa 75-46 Víctor tiña relación con Emilio Golás Rodríguez “O Villas”, e Pepe Vicente polo que se puxeran en contacto con el para que no coche oficial do que el era chófer recollese o corpo sen vida do “Picadillo” José Manuel B….za .

O 6 de febreiro de 1948  é condenado por rebelión militar xunto con  José Santiago Temprano “Henares”, da Coruña; Maximino Rodríguez Pérez “Maxi”, de Paradela ( Lugo) e  Manuel Rábade Rodríguez de O Pino (Cospeito) Lugo. Acusáronos de ter contacto co Partido Comunista e con partidas de guerrilleiros.

En Julio de 1947, Víctor López Rodríguez entra no cárcere de Lugo , incomunicado,  e pasa un mes antes de ser conducido á Prisión Provincial de A Coruña na que permanece dende agosto de 1947  ata abril  de 1948, no que  enfermo de bronquitis,  foi transladado ó penal de Burgos  onde permanece ata xaneiro do 1949.

Ata o 5 de maio de 1955 non é readmitido no seu posto de traballo como chófer na Xefatura de Obras Públicas de Lugo , tendo pasado 8 anos dende que se entregou e foi preso, sen poder percibir  salario nin  beneficios relacionados co seu posto de traballo.

Víctor López Rodríguez finou o 25 de decembro de 1979.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s