Memoria de Ferro

Memoria de Ferro, escrito por Antón Patiño Regueira é un libro crudo, onde sen tapuxos nin medias tintas expón historias reais da dureza da represión na  Coruña e Monforte. Historias reais; escenarios que sen dúbida, para os habitantes destas dúas vilas serán coñecidos, e quizá tamén os nome aparecidos, o cal fai o libro aínda máis impáctante. Historias con nomes e apelidos, ou alcumes; de familias ao completo, perseguidas sen un motivo lóxico, destrozadas e sumidas no sinvivir de non poder recuperar o corpo do seu ser querido por que o teñen retido en vilas cercanas, e quen intenta recuperalo volve co medo no corpo e sen ganas de falar do tema. Un libro para reflexionar sobre a triste e escura situación que se vivíu no Franquismo. 

Velaivan dous casos.

                                                                                                                                                David Lozano

                                                                                                                   

Antonio, 15 anos

“A familia García Rivadulla vivía entre a rúa Marconi e ali viñeron polo seu fillo os primeros días do alzamento militar. Non tiña máis de 15 años estaba marcado por ser da corda  dos irmáns do France. Catro meses tiverono preso para desgusto dos seus país e a señora María, a súa madriña que temía pola súa sorte. E temeron ben por que o mataron.”

Juan Boedo Pardo, O Galiñeiro de San Xosé

“Día a día desde que lle derán caza na horta amurallada e con capela dos cara cortada de fronte a su casa, lémbrome apenado alguen o denunciou e foi cousa dos falanxistas e da Guardia Civil prendelo. Leváronno A Coruña para meterlo preso no cuartel do lado da plaza de touros e o benemérito corpo  pasóullelo logo, sen exixir recibo de entrega,  aos asasinos que o pasearían.

Remataron coa sua vida nunha gabia da Estrada de de Carballo. En Bértoa

De ali quixeron traelo Francisco Alvedro, labrador e xardiñeiro do Regueiro en Moura Tamén Ramón Alvedro Mantiñán de Gatón case un neno.  Entre outros máis,  ós seu concuñado O  Paxaro dono do Café Unión da plaza de Compostela.

 A todos á volta pararonos no cuartel de Laracha. Os guardas negáronse a facer as dilixencias para achegar o cadáver a San Cristovo de Viñas.

 Non lles deixaban traer o corpo  do Galiñeiro.

 -Que quede aquí que para exemplo, era un roxo.

-Veña firmes… sodes todos  una merda de roxos… documentación

-Digan Viva España! máis salto más alto, máis alto collóns..!

Saíron por fin do cuartel de Laracha.

Ao Paxaro, Francisco e Ramón botáronos meténdolles o medo no corpo.

E ao señor Francisco Alvedro mesmo houberon de metelo na cama. Non falou por tempo Ramón Alvedro de Gaton tampoco deu saído da casa co medo

No séu café, seu concuñado O Paxaro andaba feito un calvario e desde aquela sempre con tremesia.

 O corpo de Juan Boedo Pardo fico alí en Bértoa lonxe dos seus e os seus fillos.

Juan non lle fixera mal a ninguén. Traballaba na contrata da fábrica de Gas e Electricidad da Coruña onde era representante sindical. Tiña a confianza dos seus compañeiros por súa homía de ben.

O seu traballo anterior fora o labrantío das terras de San Xosé ali gozou de sona e aprezo entre os veciños. Casara o Galiñeiro cunha muller da contorna de Arteixo, familia do Páxaro. Tiña dous fillos o día que mataron.

 Os seus irmáns e páis quedaron na tristura, sempre o tiveron presente.

Pola contra, os asasinos gozaron de prebendas. Mais por onde ían apestaban.”

David Lozano

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s