Memoria de Ferro

Memoria de Ferro, escrito por Antón Patiño Regueira é un libro crudo, onde sen tapuxos nin medias tintas expón historias reais da dureza da represión na  Coruña e Monforte. Historias reais; escenarios que sen dúbida, para os habitantes destas dúas vilas serán coñecidos, e quizá tamén os nome aparecidos, o cal fai o libro aínda máis impáctante. Historias con nomes e apelidos, ou alcumes; de familias ao completo, perseguidas sen un motivo lóxico, destrozadas e sumidas no sinvivir de non poder recuperar o corpo do seu ser querido por que o teñen retido en vilas cercanas, e quen intenta recuperalo volve co medo no corpo e sen ganas de falar do tema. Un libro para reflexionar sobre a triste e escura situación que se vivíu no Franquismo.                                                                                                                      David Lozano

Antonio, 15 anos

“A familia García Rivadulla vivía entre a rúa Marconi e ali viñeron polo seu fillo os primeros días do alzamento militar. Non tiña máis de 15 años estaba marcado por ser da corda  dos irmáns do France. Catro meses tiverono preso para desgusto dos seus país e a señora María, a súa madriña que temía pola súa sorte. E temeron ben por que o mataron.”

Seguir lendo