César Leopoldo Fraguela Celeiro

César Fraguela“Somos víctimas da victoria”

César Leopolodo Fraguela era fillo de José e Antonia e nacera no 1898 en A Graña (Ferrol) nunha familia de once irmáns. Vivía coa súa muller na rúa Adelaida Muro na Coruña, traballaba na fábrica do gas e era dirixente da CNT. A súa filla Antonia recorda a infancia co seu pai detido unha e outra vez.

Cárcere e detencións

Ser membro da CNT fixo que no ano 1937 sexa detido e encarcerado. Cada día, a súa muller Juana leváballe a comida ao cárcere. Foi detido estando a súa dona embarazada, el coñeceu por primeira vez á súa filla Marisa na prisión. Estaba na celda con el un home chamado Baena, de Valencia, ao que despois mataron.

Fraguela, segundo conta a súa filla, foi condenado a morte pero varios amigos mobilizáronse -entre eles Santiago Cabanillas López, que era practicante- e foron falar con Rafael Sande do Banco Pastor, era fillo de Vitorino –que tiña unha barbería nos Cantóns- para conseguir que non o matasen. Finalmente, foille conmutada a pena.

Ao saír do cárcere estivo vinte anos fuxindo. Cada certo tempo víñanno buscar e levábano á comisaría ou ao cuartel da Garda Civil.

Tal era así que as fillas xogaban aos rexistros, imitando o que sucedía cada pouco na súa casa.

Unha das nenas golpeaba a porta.
-Quién es? –dícía Antonia-
Soy Blanco, soy Pellicer (guardias civis) –repondía Marisa-.
E recollían apresuradamente todo.

Tamén cada pouco era denunciado: algúns veciños, naqueles anos, convertíanse en confidentes da Policía. Nuns dos rexistros, mentres as fillas xogaban ás casiñas -en realidade xogaban cos restos de pratos rotos- tiráronlles todos os xoguetes. Un dos gardas dixo: “Pobres nenas”.

Eran seguidos os interrogatorios, comenta a súa filla Toñita. Era habitualmente extorsionado e detido. Todo isto sucedeu ata o ano cincuenta. Pasaba moitos días no cuartel da Garda Civil, onde sufría torturas como lle pasara ao marido de Enriqueta, que era costureira na Grela. Dábanlle moitas malleiras e pegábanlle con toallas molladas para non deixar marcas. Foi torturado durante moitos anos en moitas comisarías.

Na tasca de Leonardo facíase viño, alí acudía algún dos gardas. Din que comentaban que “poderían encher as cubas coa sangue dos mortos”.

No ano 1947 foille concedida a liberdade provisional. Ao saír do cárcere perdeu o seu posto en Fenosa e empezou a traballar nun almacén Pardo Parada. Era unha empresa de cemento e construción entre as rúas Picavia e a praza de Ourense. O xefe era Charrí. Tamén traballou para Insua e Vizoso, un negocio de materiais de ferraxaría. O xefe era José Luís Rama. Gracias a eles tivo un medio de vida. Non era fácil que deran traballo a unha persoa perseguida.

O xeneral Franco chegaba todos os veráns a Galicia e varios meses antes facíanse redadas e enchíanse de novo os cárceres de presos. César Fraguela debía escapar e varios meses ao ano pasábaos escondido. Debido ao seu traballo, polo cal tiña que viaxar moi a miúdo, aproveitaba para non volver a Coruña en todo o verán.

Cesar Fraguela coa súa dona e as dúas fillasA familia fixo unha casiña en Vioño. Esta casa con horta permitiulles sobrevivir. A xente era solidaria tamén: como a familia Charri -conta a súa filla- pois ás veces entre os materiais que tiña que transportar o meu pai no traballo aparecían sacos de patacas e marmelada.

A miña nai pasábaas canutas. Tamén ela tiña que ir moitas veces a declarar”, relata.

César Leopoldo Fraguela morreu en 1969 .“Á miña nai quedóuselle sempre cara de pena”, lembra Toñita con tristeza.

Entrevista realizada en septiembre de 2014. CGR

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s