No cárcere

artigo realizado para a revista BABEL

“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.

O  edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.

Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.

No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados  despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.

Seguir lendo

Juan Fernández, un menor na prisión

E a veciño de Monte alto, na Coruña en Monte alto. Foi apresado no 1975, tiña 16 anos e en setembro tiña que facer a selectividade. Apricáronlle a a lei antiterrorista de Fraga. Él e os seus eran dirixentes da Xuventudes Comunistas e do comité local do PC.

Foron buscalo membros da Brigada Político Social. Estivo 5 días na comisaria onde lle deron moitos golpes e despois un mes na cadea da Coruña.

“Ingresei en prisiòn incomunicada con Luciano Gómez e Demetrio Vázquez, ao aplicarnos o recién aprobado Decreto Ley de Prevenciòn do Terrorismo, sendo Fraga ministro de Gobernación.

Coincidimos, entre outros, cos membros do frustrado sector armado da UPG- que non se relacionaban co resto dos presos polìticos- con 2 militantes do PTE que viñan de encadearse à chimenea da central das Pontes un deles José Luis Muruzábal, que logo dirixiría o Sindicato de Traballadores da Construciòn, e máis tarde serìa abogado da CIG.

Estivemos entre 15 dìas e 1 mes.

Logo dos bos oficios do director do Instituto Masculino, Enrique Mìguez Tapia, saleu un reportaxe na BBC contando que habìa menores de idade na Prisiòn Provincial da Coruña. Inmediatamente fumos postos en libertade. Nunca fumos enxuiciados nin houbo causa algunha”.