“Un cego nun cárcere franquista”

Xesús Alonso Montero

Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia o 5 de xulio de 2024

Dentro dos libros sobre a represión franquista, moi poucos me teñen impresionado tanto como o que acaba de publicar Luís Lamela co título Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, 2023). Luís Lamela, ben coñecido e recoñecido como estudoso da represión franquista en Galicia, debrúzase, neste volume, con pluma de historiador sensible, sobre as memorias inéditas de Domingo Quiroga tituladas Un masón en la hoguera. Son significativas as páxinas que reproduce ad litteram e o lector agradece as reflexións que fai Lamela, quen, por outra parte, achega moitos datos, por el investigados, para coñecermos capítulos das biografías dos seus compañeiros de cela, a 41 da prisión provincial da Coruña desde 1937.

Seguir lendo

Mario Granell, estampa de centenario

Mario Granell en Venezuela. Á dereita, un dos cadros que pintou na súa etapa sudamericana

No blog Biosbardia, publica Xosé Enrique Acuña este artigo sobre Mario Granell

O 11 de outubro conmemórase o primeiro centenario do nacemento de Mario Granell (1914-1981), un dos pintores galegos máis interesantes do século XX.

Foi pintor entre todas as cousas, tamén poeta, emigrante repetido, e sobre todo, condenado a morte. Naceu, dixera, nunha vila de “merlíns”, A Coruña de nome vello e verdadeiro, e foi neno dos que trampeaban e corrían polas rúas compostelás. Até alí o levou a vida da súa familia e tamén alí foi instruído por dous homes, enormes, dos masacrados no 36. Camilo Díaz Baliño educouno para o debuxo e con Xoán Xesús González coñeceu as primeiras letras. Falamos de Mario Granell, o artista que ía ser e o que, felizmente, á fin foi. O que nacera no 1914, un 11 de outubro, para armar unha vida e unha obra que merece hoxe a celebración do seu centenario.

Seguir lendo

Poesía no cárcere: “Fantasía”

Enrique Pérez Martínez, 19 anos, poeta, cego. Escribe este poema mentras estaba preso no cárcere da Coruña esperando a pena de morte que foi conmutada pola de cadea perpetua. (Texto descuberto polo investigador Luís Lamela)

Coruña-Cárcel. Verano de 1939

“Fantasía”

¿Por qué me has dejado solo?

Hoy mi norte miserable

es una lucha que se cansa

y tú, madre, ¡no lo sabes!

¡Pobre mi pálida frente

que gime, que se deshace

bajo una muerte de plomo!

Y tú, madre, ¡no lo sabes!

Seguir lendo

Poema escrito no cárcere por Enrique Pérez, “cego, bacharel e pianista”

Enrique Pérez Martínez tiña  tiña 19 anos. Era “cego, bacharel e pianista”, fixo este poema  ó ditado en xullo de 1936 e escrito por Eduardo Torrón Cabezas. O historiador Luís Lamela recupérao a través dunha familiar.

Romance del álamo seco

El río verde temblabaalamo seco.JPG
en una canción de sueños.
El aire lo acariciaba                                   con alas de talle nuevo.
-Canta río, canta río,
le dijo el álamo seco.
¡Quién tuviera tu cantar
enardecido y sereno
más fuerte que el cielo azul,
sorprendido y altanero!
Mi canción, ¡que voz gentil
en las alas del silencio!
¡Alta de rayos de Luna!
¡Reina del alba entre vuelos!
¿Quién le llevará mi cantar
tan altivo y tan esbelto?
Un día se cansó el sol,
vino la lluvia durmiendo
y se llevó mi alegría
entre amenazas de viento.
¡Erase un frescor de sol!
¡Erase un baile de vuelos!
Ahora, ¡que blanda muerte,
me decanta su requiebro!

Seguir lendo