«En cierta ocasión, un militante que formaba parte de los intelectuales fue detenido. En los interrogatorios iniciales se mostró muy entero, negando toda acusación. La policía, conocedora de la sensibilidad y humanidad del detenido, optó por utilizar la siguiente táctica. Obligó a ir a comisaría al padre de otro detenido y amenazó a nuestro intelectual, diciéndole: «Si no hablas, voy a casa de tu padre y lo traigo, igual que he hecho con el padre de tu compañero». Nuestro hombre, firme hasta ese momento, se desmoronó y le dijo a la policía que si dejaban en paz a su padre, él hablaría. Pero aquí no acaba la historia. Aquel camarada quedó profundamente afectado por su actitud. Su grandeza le llevó a reconocer ante nosotros su debilidad, cosa que otros, que pusieron en peligro a muchos compañeros, no han sido capaces de hacer. Su sentimiento de culpa le llevó a autoimponerse un castigo. Estando en la cárcel de La Coruña, escribió una obra de teatro, El crimen de la calle Contreras (sic). A modo de penitencia, él mismo se ofreció para desempeñar la función de apuntador y el papel de confidente de la policía.»
Día a día
Mortes por fame

“Agrupan en celdas a los que tenían comida de fuera y suspenden para los demás los paquetes; no se da pan en mucho tiempo, se suministra para toda la población penal 200 kg de repollos y 15 kilos de huesos, con 5 kilos de chorizos, suministro total para todo el día y los comensales eramos más de mil en plantilla. Con esta alimentación empiezan a decaer los presos, se declara a avitaminosis y todos los días son sacados dos o tres muertos , y algún día hasta cinco muertos o más”
Carta enviada nos anos cuarenta por José Queiruga Allegue, preso, a Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.
“Non eramos alemáns”

Un grupo de cataláns chegan dese Alemania deportados pola GESTAPO: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Era Abril do 37.
«Tocaban diana ás sete e levantabámonos realmente cara ás oito, e logo de beber un “tipo de café” saíamos ao patio, onde o primeiro dia xa sabían da nosa chegada e bautizáronnos os seis alemáns. Non fai falta dicir que nun patio onde todo o mundo odiaba o país de onde procediamos, porque facía a guerra xunto a Franco, fixéronos o baleiro, ata que un día Carlos Ponche (Ponte) Patiño achegóusenos máis que os outros e ó ver que non mordiamos rompeuse o xeo, e de súpeto todo o mundo xa nos era máis amigo».
GASCON RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut de Cultura de la Ciutat d’Olot, 2006
“No cárcere quitáronme o sangue” (literalmente)
Conta Camilo de Dios as ruiñas condicións sanitarias

“Un día, apareceron dous médicos cun enfermo, vamos os médicos non traían o enfermo, traían entre cuatro, un home nunha camilla, un funcionario, sei que era funcionario porque o coñecín e traía uniforme, e déralle unha hemotisis estaba enfermo, un home totalmente amarillo, e a min puxéronme no alto da mesa, y a el puxérono no suelo, entonces, sacáronme sangre directamente do meu brazo pró del, que el estaba moi amarillo moi amarillo botando sangre pola boca. Non valeu de nada porque o funcionario morreu.
Non sabían o grupo sanguíneo pero me quitaron o sangue que lle pareceu ó médico oficial que se chamba doutor Bota e o médico preso era un tal Santiago Rilo, sacáronme un montón de sangre pró funcionario pasei uns días medio baldado pero bueno, tempo de estar deitado chegábame, a comidiña era algo mellor, e despois preguntei polo tal funcionario e chamábase, Manuel e era de Villalba.”
Entrevista feita no ano 1999 por Victor Santiadrián
Os condeados a morte comen millor

Camilo de Dios, despois de ser torturado en Ourense, lévano ó cárcere de Coruña e confinado na cella de castigo
“Fun tres ou catro días ó Castillo de San Antón, pero consideraron que non había seguridad entonces trouxéronme para a prisión… alí ó lado da torre de Hércules, que é a que había daquela. O trato foi bo. Aisláronme por suposto, metéronme nunha celda, a celda dos condenados a morte, dábanme bastante boa comida porque dábannos, ós condenados a morte dábannos comida de enfermo, que había unha superalimentación prós enfermos, e prós condenados a norte.
Alí, pegar non me pegaron.”
Entrevista realizada no ano 1999 por Victor Santiadrián
Desfiles de presos famentos polo patio

“Porque na Coruña incluso, todo o que tiña menos de 45 anos, tiña que facer unha hora á mañá e outra a tarde de instrucción, a toques de cornetas e tambores. Si si, había un director, Miguel Cuadrillero Angulo; era un militar legionario, un tipo que quería que o chamaran “usia” e levaba entorchados dourados , tiña unha vanidá como non a vin despois no regimiento. Facíanos desfilar con cornetas, si si, con tambores e cornetas, facía desfilar a aqueles presos como se foran monos”
Camilo de Dios, preso no cárcere da Coruña no ano 1949
Xuntos

“Estabamos sesenta persoas xuntas da mesma ideología e en posición de forza; o duro é estar só nunha cela, abandoado e acovardado”
Alfonso Couce Testa, preso no 1972, acusado de ser da axencia Roiters
De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..
Primeiro de Maio de 1972

“Detivéranos o marzo e o primeiro de maio fixemos un acto político. Cando chegou Becerro, o director do centro, víu aquello cheo de bandeiras do PC e quedou frío. O director pedíu que non transcendera”
Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”, preso no 1972
De BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..
Comida e fame
“Pásábamolo moi mal. A comida era pésima. Díxose que entre os tres mil presos que había, morría, como promedio, un por dia, de fame. Eu seguía tendo sempre algunha axuda da casa, e ata dos veciños. Miña irmá Pepita de cote aparecía con algo que non deixei nunca, de compartir con demáis presos”
Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ata o 1945
en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros Ediciós do Castro. 1991
Tamén se pasaba mal

“ A pesar do ambiente de camaradería que había na cadea entre os presos políticos, había quen o pasaba mal e caía en proceso depresivo. Cando había visitas, todo o mundo pretendía estar alegre pero ó final acabas jodido e ademáis non todo recibían o memo apoio das familias, era una situción moi complicada”
Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972
Debe estar conectado para enviar un comentario.