“El franquismo en España (I): vida y muerte de los presos y represaliados de la Guerra Civil y la dictadura”

“La historia de España durante el franquismo es, principalmente, la de sus presos. Recordamos a qué tipo de torturas y trabajos forzados fueron sometidos cientos de miles de personas solo por pensar diferente.”

Pablo Juárez | Nacho del Río 01 mar 2019

“No, Franco no creó la Seguridad Social. Tampoco introdujo a España en la ONU, ni inventó las vacaciones pagadas. No le debemos la preservación del patrimonio cultural e histórico, legado de milenios. Ni siquiera fue el rey de los pantanos. Todas las falacias que impulsó el régimen durante los años de posguerra y hasta el tardofranquismo, que por desgracia aún perdura en nuestros días, fueron parte del despliegue propagandístico que la dictadura usó como arma para inocular en la población que el 1 de abril de 1939 ganó la ‘España buena’. Esto es, la que se preocupaba de verdad por el bienestar de un país en constante declive y que poco más tenía que perder ya.

Precisamente, si la Guerra Civil acabó ‘oficialmente’ el 1 de abril de 1939, no fue así para Franco. El dictador continuaba obsesionado con lo que él mismo llamaba la tiranía del comunismo, y no mutó su pensamiento ni en sus últimos días de vida. A decir verdad, esta idea le venía de perlas: los republicanos venían de autodestruirse en los últimos meses de la contienda; especialmente, tras las violentas jornadas de mayo del 37, cuando los anarquistas y los comunistas del POUM, partidarios de hacer la revolución durante la guerra, se enfrentaron a los defensores del sistema establecido, a los nacionalistas catalanes, a los estalinistas del PCE y al PSUC, dejando cerca de un millar de muertos en Cataluña.

Seguir lendo

Afán polo estudio

“Siempre quise estudiar . El domingo me daban dos pesetas y aunque me gustaba mucho el baile muchas veces me iba a casa a chaparme el libro que me había comprado. Mi entusiasmo fue siempre saber. Pero claro, mi padre decía que había que trabajar. Cuando me indultaron y salí al patio – en la cárcel de Coruña-  aquella mañana que habían fusilado a venticinco, se produjo en mí una transformación enorme. Algo así com: te has salvado y ahora hay que volver a empezar”. Y así empecé. En la cárcere de Coruña no podía pasear por el patio porque todo el mundo estaba estudiando. Un fervor de aprender, de querer hacer, de transformar , y esto fué lo que a  mi me ocurrió”

Testemuño de Juan Durán , pseudónimo de Luís Costa García preso libertario na Coruña dende o ano 1936 ata o ano 1943

“Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos” de Luís LAMELA

As memorias de Domingo Quiroga -até agora inéditas- son testemuño dun relato real sobre a o preso republicano e masón Domingo Quiroga Ríos, que conta o que vivíu mentras estivo pechado na prisión provincial coruñesa durante a Guerra Civil e parte da posguerra.

O libro foi editado no ano 2023 pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH)

PRESENTACIÓN DO LIBRO, “Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos” en Carballo


O mércores día 3 de xulio ás 20 horas en CARBALLO na sede de Espiral Maior Foro na rúa do sol 34.O
As memorias de Domingo Quiroga -até agora inéditas- son exemplar testemuño dun relato real sobre a historia máis triste; un acto político tamén, que é deixar falar a quen xa non pode falar: ao preso republicano e masón Domingo Quiroga Ríos, que conta o que reflectiu o seu espello da sórdida realidade que viviu encerrado na prisión provincial coruñesa durante a Guerra Civil e parte da posguerra.

A obra foi compilada e comentada polo historiador Luis Lamela e presentada polo investigador Fernando Cabeza Quiles e Carmen García-Rodeja Arribí da ARMH. O acto foi conducido polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello.

Prensa:

https://www.facebook.com/story.php?story_fbid=3790033244614899&id=100008247816851&rdid=HaGvOc7IYONDJyad ( Fernán Vello)

https://www.facebook.com/share/p/EZeiZrRjgzdXBgvy/ ( de Fernando Cabeza Quiles)

https://www.facebook.com/share/p/EZeiZrRjgzdXBgvy/ ( Lamela)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/07/07/memorias-homenaje-domingo-quiroga-espiral-maior-foro/0003_202407C7C6995.htm

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carballo/espiral-maior-foro-acolle-novas-presentacions-literarias/20240702075737156068.html

José López Bouza, meu pai no cárcere de A Coruña

José López Bouza no ano 1936

polo seu fillo Siro

Meu pai foi albanel pero debería ser actor. Tanta era a súa vocación que con nove anos facíalles recados aos membros das compañías teatrais que chegaban a Ferrol para actuar no Jofre porque andar entre camerinos, ver como dispuñan a tremoia e os decorados, asistir aos ensaios, falar cos actores e actrices, era para el pasar ao outro lado do espello e entrar no seu País das Marabillas. Ata chegou a convencer a un grupo de que era orfo e sen familia que o cuidase, polo que podía marchar con eles. O director, home prudente, fixo algunha pescuda e soubo que o rapaz tiña pai, nai e tres irmás; xente humilde, pero boa. De maneira que, cabo de poucos anos e sen apenas estudos empezou a traballar co pai, albanel moi acreditado na cidade, que corría por <Escoa>. O alias víñalle de cando empezara a exercer a profesión porque falaba moi bo galego e para dicir a alguén que pasase un líquido dun cubo a outro, dicíalle: -Escoa aí. E Escoa quedoulle. O oficio e o alias foi o herdo que deixou ao fillo, e o alias deformado porque como ninguén sabía que era escoar, en pouco tempo meu pai pasou de <Escoa> a <Escoba>. Librou da mili <por excedente de cupo> e aos vinte anos casou con Loliña, miña nai, de dezanove e filla do zapateiro da Malata.

Meu pai era bo profesional e non lle faltaba traballo, polo que puido entrar no Real Coro Toxos e Froles para cantar na corda de barítonos e actuar no grupo de teatro. No escenario facíao tan ben, que foi protagonista nas máis das obras representadas. Manuel Lourenzo e Francisco Pillado din del que foi un excelente actor cómico, especializado no teatro de Molière, e isa foi a actividade que deselvolveu preferentemente ata que os españois se odiaron tanto que decidiron matarse. Pouco antes, durante o goberno da Fronte Popular, o repertorio do grupo de teatro de Toxos e Froles trocou as comedias por outras obras <de marcado matiz político-social> e meu pai converteuse nun actor dramático que podía representar dous papeis nunha mesma obra: de sancristán ridículo e louvamiñeiro, e de líder obreiro que botaba mítines acesos. El facíao gustoso, que estaba afiliado á UGT e tamén ao PSOE, como seguidor de Xaime Quintanilla Martínez, o político visionario que quería facer compatíbeis o socialismo e o galeguismo, e que foi asasinado o 18 de agosto de 1936.     

Seguir lendo

Pedro Galán Calvete, galeguista, asasinado con dazanove anos.

“O 18 de xullo de 1917 nace na Coruña Pedro Galán Calvete. Foi alumno das Escolas de Ensiño Galego, nas que impartía clases Ánxel Casal, e posteriormente cursou estudos na Escola Profesional de Comercio da Coruña En outubro de 1933, xunto a Jenaro Marinhas del Valle e unha ducia de mozos constitúen a Mocidade Galeguista da Coruña, da que logo sería Secretario de Organización.

Participou na creación do Club do Mar, de cuxa directiva formou parte, e traballou no departamento de contabilidade da empresa de xabróns La Toja. Era membro das Irmandades da Fala e participaba na maior parte de actividades reivindicativas que o galeguismo da altura impulsaba, sendo unha dos referentes daquel movimento na capital coruñesa.

Seguir lendo

Derradeira carta de José Gómez Gayoso

José Gómez Gayoso, era o secretario xeral  del PCE en Galicia, foi executado a garrote vil no carcere da Coruña no ano 1948. Escribe esta derradeira carta á súa muller.

gayoso.jpg

6 de septiembre de 1948

Querida Concha:

Hoy, después de cinco años, te escribo. Por cierto que en situación poco envidiable. Lo hago con un esfuerzo sobrehumano, pues tengo las manos deshechas. Llevo en España cuatro años y medio, los mejores de mi vida. Desde que la dirección del Partido me concedió el honor de venir a luchar al interior, mi mayor anhelo era ver llegado el momento en que pisara tierra española. En estos cuatro años y medio hice todo lo que a mi alcance estaba por cumplir con mis deberes de comunista. Los dos últimos años he dirigido la organización de Galicia. En este puesto he caído el 11 de julio en La Coruña.

Seguir lendo

Joaquín Cotarelo Martínez, apreixado e arruinado

“Joaquín Cotarelo Martínez nació el 13 de abril de 1882 en A Coruña. (..) Era médico en A Coruña 1907 .En octubre de 1912 participó en la creación de la sociedad benéfica de socorros mutuos “La Equidad”. Médico de la Beneficencia Municipal y Asistencia Pública Domiciliaria; médico de la Fábrica de Tabacos; fue igualmente socio del Casino Republicano desde 1912. En noviembre de 1917 fue elegido candidato por el Primer Distrito para las elecciones municipales por el partido republicano autónomo, y consiguió el acta para el cuatrienio 1918/1922, elegido séptimo teniente de alcalde.

Seguir lendo

Unha fiestra á represión no cárcere da Torre, na Coruña: “¡Papaíto, que no te maten!”

Enrique Carballo, A Coruña 18 JUN 2024 6:01

artigo de La Opinión Coruña sobre o libro de Luís Lamela Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos

“¡Que no te maten, papaíto, que no te maten, papaíto!” foi o berro dun neno, fillo dun represaliado condenado a morte polo franquismo encirrado na antiga cárcere provincial da Coruña, cando o vía marchar desde a fiestra cara a súa execución. As palabras quedaron nas memorias ata agora inéditas do coruñés xa falecido Domingo Quiroga, represaliado pola súa pertenza á masonería e que estivo entre 1937 e 1939 na instalación, agora sen uso e situada no paseo marítimo, preto da Torre.

Seguir lendo

poemiña do preso Camilo

gorrion

Estracto dun poemiña do preso Camilo de Dios, escrito cando no ano 1949 estaba na cella no cárcere da Coruña  illado e condeado a morte:  Claro, non tiña que facer, e bueno, tiña un lápiz, tiña un lápiz e unha libreta e ía facendo e… versos, nin eran versos nin eran nada, era o que se me ocurría  a min, das miñas añoranzas como labrador.

Canta, paxariño, canta

o teu cantar xa está libre,

con teu himno á libertade,

fixeches un gran amigo,

e mañán cando aquí voltes,

dareiche migas de trigo,

pra sellar esta amistade

e aprender de ti a ser libre,

xa que os homes non podemos.

Canta, paxariño, canta,

o teu himno a libertade,

cantar quixera contigo.

Camilo de Dios