A periodista Nuria López conta da prisión de Betanzos
En Betanzos funcionou tamén unha prisión habilitada de mulleres. Sábese que no ano 1940 alí estiveron encerradas 67 internas. Agás a dirixente comunista, Isabel Ríos, e un par de mulleres condenadas por axudar a fuxidos, a maioría eran presas comúns, procesadas por practicar abortos, por estraperlistas ou por exercer a prostitución.
Cóntao o historiador Xesús Torres Regueiro no capítulo 39 de ‘A ferida aberta no 36’.
Podes escoitar a entrevista completa na nosa canle de youtube
Ver menos