
Un dos grandes arquitectos de Galicia. Nacido en 1906 e formado en Madrid e en Barcelona, onde se titulou en 1931, foi un dos iniciadores do movemento racionalista.
Traballou durante seis anos en Galicia onde realiza entres outros a xoiería Malde en Santiago en Compostela (destruida) e a Casa Sendón e a Casa Morán na Coruña.

O seu traballo e a súa vida foi truncada co golpe de Estado de 1936. O seu pai gobernador civil da Coruña foi asasiñado e él e os irmáns foron represaliados. Membro do partido galeguista, foi preso no penal de Coruña onde seguiu traballando en obras como a casa Caramés de Perillo e outros proxectos.
Fuxíu cos seus irmáns nunha motora a Francia e despois incorporouse ó frente republicano en Zaragoza, onde seguíu coa súa profesión. Despois do exilio en Francia en Gurs e Argelès pudo marchar no buque Sinaia a México.

No país centroamericano fundou unha empresa de construcción en colaboración con arquitectos como Ramonell, Candela o Santacilia. Sempre tivo preocupacións progresistas e defendeu en varias publicacions, como Vieiros, aa necesidade dunha planificación humanista da sociedade e o equilibrio do mercado. Integrouse na loxia masónica “Exilio”. Alí sigue sendo considerado una autoridade no mundo da arquitectura.
Faleceu en cidade de México en 1996