
Nado en 1939, ten unha metamorfose dende un neno inocente e moi relixioso, ata un home, loitador, militante comunista e responsable do aparello de propaganda en Galicia, que sufrirá nas súas carnes as máis salvaxes torturas antes de ir a prisión polas súas ideas.
Infancia
Luis González Lopez naceu o 2 de agosto de 1939, tres meses despóis do último parte da Guerra Civil en Salgueiros,na parroquia de Salgueiros de Vila de Cruces, no seo dunha familia de labregos, sendo o septimo fillo de oito irmáns. No 1945 trasládase a Sesto (Concello da Estrada) onde o seu pai adquirira a casa de Ballesteros, según o propio Ferreiro, neses momentos “vivian na inopia de que todo estaba normal, pero o mundo movíase e acaba de ser a II Guerra Mundial”
Marcha a Vila de Cruces cuns tíos que tiñan “unha concepción relixiosa moi forte” e el defínese neses primeiros anos como unha persona moi crente, participando activamente nas actividades da igrexa e “tocando as campás con moita paixón”.
Alí é onde empeza a ver as primeiras desigualdades de clase, xa que os “amos”, que explotaban a moitos dos feligreses, contaban cos seus propios asentos na igrexa, mentres que os “caseiros” estaban de rodillas na pedra fría.
¿Como pode permitir a igrexa que ten que axudar os pobres que sucedan estes privilexios? preguntábase.
Os 15 anos, como todos os rapaces da aldea, marcha da casa e comenzará a traballar como canteiro recorrendo durante 6 meses pobos de toda Galicia e León. “Era unha inxustiza, por que había que ir a escola a aprender, pero os mandamases daquela época non o entendían así”
Co aforrado durante ese tempo, volve coa familia, e ao poco tiempo múdanse a Cambre, pero non estara moito tempo: con 17 anos toma a decisión de emigrar a Francia.
A vida na emigración e afiliación o Partido Comunista
Ao chegar a Francia, encontrase un país bastante máis avanzado que España “o tren xa ía electrico, as estradas estaban moito máis alquitranadas, e as comunicacións eran inmensamente mellores que en España, as mulleres xa conducian e vestían pantalons”
Alí en Francia namorase dunha moza, Pilar García Jiménez e casan, tendo unha filla “dentro das circunstancias de emigrante, foi unha vida feliz”
Traballa na Sociedade Mineira de Montferrier, unha mina de talco ao carón dos Pirineos, que ao chegar “é unha decepción moi grande” xa que as condiciones eran peores do que se imaxinaba; alí coincidiu con diferentes exiliados españois. Un deses compañeiros, José García, militante comunista, lle pasou o Mundo Obreiro para ler, Ferreiro acabou suscribindose, e pedindo posteriormente o ingreso no partido na aldea de Ceries.“Tiñamos reunións, debatíamos sobre política internacional, e estudios de formación política, líamos O Capital, artigos de Lenin, A Pasionaria…”
Retorno a Galicia

Na cabeza de Luis sempre estivo a opción de volver a Galicia “seguir aquí loitando era moi importante, pero os camaradas no interior necesitaban moito apoio, había moito que facer, moitos lugares que organizar, e nos podíamos ser útiles alí”
A oportunidade chegou en 1967, tralo chamado do comité central a París e a pertinente advertencia sobre os riscos, Pilar e Luís desfixeron a vida que tiñan en Francia, deixaron a nena cos sogros e partiron cara a Galicia “foi un sacrificio importantísimo voluntario, consciente de que había que axudar”.
Foi neste viaxe onde adoptou o seu nome de guerra “Ferreiro” en referencia a forxa da que saería a sociedade nova, máis libre e fraterna, deixando o egoismo o lado.
Na súa chegada a Vigo, o matrimonio ponse en contacto con Carlos Núñez, responsable en Vigo do PC, Pilar ponse a traballar na fábrica de cerámica Álvarez, onde tera unha intensa actividade sindical para formar as primeiras Comisións Obreiras
No 1968 constituese en París o primeiro Comité Central do Partido Comunista de Galicia (PCG), do que Ferreiro formará parte, e onde se ocupará da propaganda, construindo zulos para albergar centros de impresión clandestinos, e percorrendo toda Galicia en autobús, burlando os controis policiais para distribuila os diferentes enlaces en viaxes de 15 días.
Detención
No 1969, Ferreiro, xunto con otro compañero é o encargado de ir mercar a unha tenda da praza de Ourense da Coruña, unha moderna multicopista da marca Gestetner para utilizala para a impresión de propaganda. Pero a máquina precisaba cartuchos de tinta exclusivos ,e mercalos, era unha operación que entrañaba moitos riscos, máis decidiron que Ferreiro fora novamente a tenda da praza de Ourense; foi o 5 de abril de 1969, sendo capturado ao saír do establecemento polo tristemente célebre Paradela
Ferreiro, foi ingresado no cuartel de policia onde durante setenta e dúas horas recibíu terribles torturas. Ainda que con rabia da detención, e con gran dor física polos golpes que recibíu dos seus interrogadores na comisaría, foi quen de reprimir a dor e evitar delatar os seus compañeiros.
Ingreso na prisión da Coruña
Tralo tempo das torturas “atado de pes e mans a unha mesa” Ferreiro é enviado a Prisión Provincial de Coruña, o carón da Torre de Hércules.
Dentro da prisión estará nunha brigada xunto cos outros presos políticos, 9 en total; alí organizaron unha folga de fame contra o pésimo rancho da prisión “chegueime a encontrar vermes nos repolos”.
Despois de ser condenado pola o 28 de xaneiro de 1970 polo delito de propaganda ilegal foi ingresado na prisión de Vigo , sendo levado de nuevo a la cárcel da Coruña para estar alí ata o 3 de xuño de 1971 para ser trasladado á prisión de Xaén e despois a Carabanchel en Madrid.
Vida posterior ó tempo de cárcere
Trala saída da prisión, Ferreiro traballou na zona franca de Vigo, e non cesou a súa actividade de loita. Seguíu traballando clandestinamente no centro de propaganda -esencial na publicación do Vigo Obreiro- e para o mantemento da folga xeral que durante 30 días paralizou 30 empresas da comarca viguesa.
Durante os anos da transición e coa chegada da democracia, Luís seguiu militando activamente no PCG e máis en Esquerda Unida
Nunca deixou de loitar, inclusive cando lle detectaron un cancro acudía algo máis debilitado as manifestacións e as festas do partido; tamén atacoulle o COVID, máis a base de fortaleza superouno. Luís Gonzalez López “Ferreiro” finou o nove de xaneiro de 2021.
