
“Xosé María Freire (Ferrol, 1953) traballador de compañías auxiliares e de ASTANO. Iniciou a súa andadura social desde Cáritas, traballando para os máis desfavorecidos. Foi detido, sen maiores consecuencias, a raíz de do Dez de Marzo por un comunicado desde Cáritas en solidaridade cos represaliados. Militante de USO – Sindicato integrado entón en CCOO – volveu ser detido en 1974, polas folgas de ASTANO, torturado en Comisaría, posto en liberdade polo xuiz e ingresado simultáneamente, pola policía, na Prisión Provincial de A Coruña ao non pagar a multa de 250.000 pesetas. Continuóu en prisión preventiva durante un ano ata ser absolto polo Tribunal de Orde Público.
Fixo a mili, polos seus antecedentes, no Sahara Español, onde estaba estreitamente vixiado.
En 1976, por recibir propaganda de USO, foron detidos ambos, Xosé Mª, ainda soldado, no calabozo do Rexemento de Mérida nº 44 e Dolores Allegue, na Comisaría, 24 horas. Dolores fora xa despedida do traballo en dúas ocasións, pola súa militancia sindical e por ser compañeira de Xosé María.
Xa en democracia continuaron sempre e continúan o seu compromiso sindical e social.”
Fonte: (9) Hoxe a nosa A.C. Memoria Histórica… – Memoria Histórica Democrática | Facebook