
Estracto do libro “Diarios” de Syra Alonso onde describe o horror do cárcere da Coruña cando ía visitar ó seu home Francisco Miguel preso nos primiero meses do golpe de Estado do 1936.
“Ainda que Miguel parecía nos meus ollos tranquilo e sorrindo, non por eso ignoraba o perigro que o amenazaba. Ainda que me ocultar as crueis noite do cárcere, ben sabía eu o que alí acontecía: sacaban aos presos, que aparecían despois desfeitos a golpes de fusil ou cribados a tiros nos montes. Nas cunetas, á beira dos ríos e na praias as mulleres recoñecían o pai, o irmán , o esposo, o fillo. Houbo días en que me abaneaban as pernas cando subía as escaleira do cárcere ao escoitar o afrixido pranto das mulleres que non atopaban alí os seus fillos; escenas horríbeis que presenciaron os meus ollos e que hoxe a pluma se resiste a narrar”