Jose Humberto Baena

O último fusilado do Franquismo

baena

José Humberto Baena Alonso, naceu en Vigo 1950 e morreu fusilado por consello de guerra o 27 de setembro de 1975  un mes antes da morte do dictador Franco nun proceso cheo de irregularidades.

Nunca se reparou esa inxusticia.

Naceu nunha familia obreira de Vigo e eran tres irmáns. A familia axudou para que pudera facer unha carreira e marcho á Universidade de Santiago. Alí matricúlase na carreira de Filosofía e Letras.

No 1970, no primeiro ano de universidade foi detido por  facer unha sentada diante  da Facultade. O cargo era participar nunha manifestación ilegal.

Detiverons a máis de 100 mozos. A Baena non o colleron nun principio pero despois a policía foi preguntando ós detidos e  un a un foron decindo os nomes dos demáis. José Humberto marcha Vigo e fórono buscar a casa . A policía  dixeralle ó pai que o levaban a declarar na comisaría pero na realidade as “declaracións” foron paus, torturas e golpes salvaxes. na comisaria de Vigo e depois na de Santiago.

Despois foi levado ó carcere de Coruña con outros compañeiros de facultade onde  permaneceu un mes.

Seguir lendo