en Percival e outras historias de X.L. Méndez Ferrín
Na introdución á Poesía enteira de Heriberto Bens Anxo Angueira escribe “Un ano máis tarde [está a falar de 1970], e por causa dun lema (“Liberdade para Galicia”) pegado por toda a nación, Ferrín sofre o seu primeiro paso pola cadea, mundo que terá decisivas implicacións na súa literatura pero que presaxiaba incribelmente o relato titulado Philoctetes, incluido en Percival.
“Nokao, contista, recibíu unha formidábel i estraña carta, que deixóu o seu ánimo en sospenso. Leuna por terceira vegada, agora en outa vós, dando, por veces, chuchadelas ao cachimbo. Decía:
“Sr. Nokao.
Distinguido Sr.: Ha dispensar, antes de cousa ningunha, a ousadía de me dirixir a vostede. Eu de ningún xeito querería roubarlle o seu prezado tempo. Pro hai unha poderosa razón: o meu enorme agradecemento. O desexo de pór iste no seu coñecemento é o ouxetivo dista carta. Pra que vostede comprenda todo (vostede comprenderao todo, vostede é un contista) voulle dar unhas cantas novas de min.
Seguir lendo