Rafa Bárez, de perto

Artigo de Vicente Araguas publicado no Diario de Ferrol  o 28 de maio de 2017, a propósito da publicación do libro  de Rafael Bárez “Poemas del 10 de marzo” escrito  no cárcere de A Coruña.

CARCERE.jpg
“Andaba eu por aquel Santiago (Compostela vale para a poesía, e o seu abuso por poetas incontinentes xa fede) de 1967, afiando xasmíns e rosas bravas, ignorando aínda que estaban por medrar rosas de lume. Andaba por alí, xa digo, a bordo dun colexio maior dirixido por un xesuíta, a quen co tempo teño querido máis do que o quixen, e alguén argallara un grupo teatral para non sei que concurso.
Eu viña dun Ferrol teatreiro, no que formara parte do inesquencible Teatro Estudio, de Alfredo Osset e Loló Pérez Linos, así que polo artigo trinta e tres ingresara no grupo colexial aquel, ventureiro, de vida tan efémera que non máis dera para unha lectura dramatizada de Los hombres del triciclo, de Fernando Arrabal, no propio colexio, e a representación, no escenario da Compañía de María de “Las cartas boca abajo”, de Buero Vallejo. Un escuro drama de opositores, de opositores a nada senón a un posto fixo na administración estatal. O concurso aquel gañárao un grupo igualmente efémero, no que estaban Fermín Bouza e Manuel Vilanova (dous poetas importantes do noso panorama, e moitas máis cousas que daría dito deles) e Teresa Rego (anovadora das randas de Camariñas) cunha obra chamada “Nunca nadie muere nada”.

Seguir lendo