No cárcere

artigo realizado para a revista BABEL

“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.

O  edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.

Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.

No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados  despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.

Seguir lendo

Compañeiros no cárcere

Prision-patria-potestad.jpg

Na comisaría de Ferrol viu a Rafael Pillado tras o s barrotes “Deranlles unhas hostias e decíame: non teñas medo, tranquilo”. Despois detiveron a Miguel Rey e a Soto que “chegou coa cara ensangrentada”. Foi levado á prisión de Coruña xunto con Ramiro Romero e o párroco de San Pablo Antonio, Martínez Aneiros. No penal da Coruña coincidíu con Paco Rodríguez, e con numerosos compañeiros do PC, como Álvarez Areces, Rafael Pillado, Julio Aneiros, Paco Balón, Paco Filgueiras, Anxo Guerreiro, Angel Porto e Pepolo. Tamén se encontrou con Ramiro Tenreiro que xa torturaran cando a folga de Megasa, e chegou maltrecho ó cárcere. Recorda que Fernando Miramontes “chegou feito un cristo, cos ollos morados e inflamados pola violencia das malleiras e torturas que lle infrinxiron na comisaría de Ferrol: “Eu quedei desencaixado cando o vin llegar, e nunca se queixou. Sempre o admiré por eso”. Tamén maltraran a José María Cabado, “zurraranlle ben!”.

Jose Manuel Díaz Montero, sindicalista de CCOO, preso na Coruña en 1972

de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Atopan ós compañeiros

carcerecoruña Mada Carballeira (14)

“No cárcere de Coruña estaban moitos compañeiros, habíaos con multa como Iglesias, Galán, Eusebio, un cuñado meu, Morate, Julio Pérez de la Fuente, Bárez, Geluco, Xan María e un tal Molla. Algúns como Cabado, Ramiro Romero, Miraz e Paco Filgueiras, cando tiveron ocasión marcharon para Francia

Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..