
Nado en 1939, ten unha metamorfose dende un neno inocente e moi relixioso, ata un home, loitador, militante comunista e responsable do aparello de propaganda en Galicia, que sufrirá nas súas carnes as máis salvaxes torturas antes de ir a prisión polas súas ideas.
Infancia
Luis González Lopez naceu o 2 de agosto de 1939, tres meses despóis do último parte da Guerra Civil en Salgueiros,na parroquia de Salgueiros de Vila de Cruces, no seo dunha familia de labregos, sendo o septimo fillo de oito irmáns. No 1945 trasládase a Sesto (Concello da Estrada) onde o seu pai adquirira a casa de Ballesteros, según o propio Ferreiro, neses momentos “vivian na inopia de que todo estaba normal, pero o mundo movíase e acaba de ser a II Guerra Mundial”
Marcha a Vila de Cruces cuns tíos que tiñan “unha concepción relixiosa moi forte” e el defínese neses primeiros anos como unha persona moi crente, participando activamente nas actividades da igrexa e “tocando as campás con moita paixón”.
Alí é onde empeza a ver as primeiras desigualdades de clase, xa que os “amos”, que explotaban a moitos dos feligreses, contaban cos seus propios asentos na igrexa, mentres que os “caseiros” estaban de rodillas na pedra fría.
¿Como pode permitir a igrexa que ten que axudar os pobres que sucedan estes privilexios? preguntábase.
Os 15 anos, como todos os rapaces da aldea, marcha da casa e comenzará a traballar como canteiro recorrendo durante 6 meses pobos de toda Galicia e León. “Era unha inxustiza, por que había que ir a escola a aprender, pero os mandamases daquela época non o entendían así”
Co aforrado durante ese tempo, volve coa familia, e ao poco tiempo múdanse a Cambre, pero non estara moito tempo: con 17 anos toma a decisión de emigrar a Francia.
Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.