Luís Taboada Montoto e a triste historia familiar

Luís Taboada Montoto, teniente de alcalde do concello da Coruña e afiliado a  Izquierda Republicana. Nesta fotografía está dando un mitin  en Carral xunto ó monumento dos mártires.

Destinado en Pamplona como inxenieiro de ferrocarriles foi recluido na prisión desa cidade.

O seu irmán Inocencio consignatario de pesca e afiliado ó Partido Galeguista,  foi asasiñado en Vigo o 15 de setembro de 1936 xunto con  Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luis Bilbatúa Zubeldía, Marcial Araújo Conde e Adolfo Morgade Pazos.

O seu fillo José Taboada Crespo foi preso no cárcere da Coruña

Triste destino dunha familia

José Taboada Crespo. Do cárcere ó mundo da ficción

De familia republicana. O seu pai Luis Taboada Montoto, nacido en Quiroga  (Lugo) queda viudo de María Crespo Neira pola gripe de 1918;  foi vivir a Coruña, alí foi elexido concelleiro republicano por Esquerda Republicana no Concello da Coruña, destinado como  inxenieiro de ferrocarriles a  Pamplona foi perseguido e encarcelado.

O seu tío Inocencio do Partido Republicano galego  foi asasiñado extraxudicialmente en Vigo o 13 de setembro de 1936 xunto con outros nove homes entre os que estaban os socialistas  Eugenio Arbones Castellanzuelo, Luis Bilbatúa Zubledía e o membro de Unión Republicana Segundo Echegaray García.

Jose Taboada Crespo nacera en 1917  e estaba afiliado ás Juventudes Socialistas.

Foi,  como tantos, preso  no cárcere da Coruña, na cela número 1 con outros sete reclusos. Foron longos  nove  meses.

Cuando tiñan lugar as sacas “armábanse” coas patas da mesa, armas que no foi necesario utilizar. Pasado o tempo sempre pensaban que ía haber un “canje” de prisioneros, que nunca tivo lugar. De noite lembraba  os terribles sons dos tiros dos que fusilaban no campo da rata.

Seguir lendo