Manuel Segura era o Barco de Valdeorras estivo preso no ano de 1975 durante 8 meses no carcere de A Coruña.
Foi detido sendo estudante de Biolóxicas en Santiago a punta de pistola por participar nunha manifestación cando tiña 17 anos e retido e torturado durante setenta e dúas horas na comisaría de Compostela.
Manuel Gómez Segura móstranos o seu tempo de compromiso político durante a Dictadura e as consecuencias: xuicio do TOP, tempo de prisión e represalias posteriores. Describe os compañeiros presos e a vida carcelaria.
A miña historia é pequena en comparación coa doutras persoas que estiveron na cadea, xa que soamente permanecín en prisión oito meses. Seguramente serían moitos máis de non ser que cando eu estaba en prisión no ano 1975, morreu o ditador Franco e os penais comezaron a baleirarse de presos políticos, en especial daqueles que non tiñan “delitos de sangue” como era o meu caso.
Era eu un mozo do pobo de O Barco de Valdeorras (Ourense) e non me importa dicir que moi bó estudante que iniciou os seus estudos universitarios de Biolóxicas en Santiago aló polo ano de 1972 con 17 anos e con beca da Fundación Barrié de La Maza, (Conde de Fenosa) que por aquelas datas era a dona da fábrica de CEDIE, onde traballaba o meu pai na localidade de O Barco de Valdeorras. Digo isto, porque cando fun detido , eu levaba dous cursos completos de Biolóxicas aprobados en xuño e ía polo terceiro. Coa miña detención, fun expedientado e expulsado da Universidade de Santiago de Compostela, perdendo a beca, non podendo continuar os estudos por este motivo, por estar detido na cadea, e por ser obrigado, cando saín do cárcere a facer o servizo militar. E cando rematei a mili, os meus pais, coido que con moi bó criterio, non me deixaron voltar para Santiago. Éramos tres irmaos e tirábamos todos da economía familiar e por riba xa non tiña beca. A pesar de todo , e con moitos esforzos por parte de dos meus pais rematei cos estudos de maxisterio en Ourense non exercendo nunca esta profesión de forma oficial.
Cando cheguei a Santiago no ano 1972 era eu un mozo inquedo , profundamente católico, aínda que logo este mundo acabaría desmoronándose. Contactei con círculos trotskistas de Biolóxicas e pronto comecei a participar nas actividades de LCR-ETA VI. Militei nesta organización ata o ano 1982 ou 1983, cando esta organización xuntouse co MCG e xuntos constituíron INZAR que acabaría integrándose no BNG.
Debe estar conectado para enviar un comentario.