
“Francisco Ballón Pequeño, nado en Fisterra en 1899 e finado na Coruña o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Retornado da emigración dos Estados Unidos de América, asentouse na Coruña. Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi cadro da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da CNT e despois da Sección de Redeiros do Sindicato da Industria Pesqueira da CNT. En 1936 formaba parte do grupo anarquista Los Iconoclastas e exercía como secretario da Federación Local de Grupos Anarquistas da Coruña (FAI).
Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.