No cárcere

artigo realizado para a revista BABEL

“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.

O  edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.

Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.

No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados  despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.

Seguir lendo

Palabras do sindicalista Rafael Pillado sobre as súas detencións.

Actividade titulada :”A vida no penal nos anos 70” realizada pola ARMH e Memoria do cárcere no salón de graos da Facultade de Dereito da UDC

Coa participación dos expresos políticos Sari Alabau Albors, José Loureiro Fernández, Rafael Pillado Lista, Gelines Rivera Torres e Fina Varela Fontán celebrado o 20 de xaneiro de 2018

Os movementos sociais e o movemento obreiro da época tiñan un significado fundamental contra o franquismo. Como consecuencia destas mobilizacións, houbo numerosos xuízos militares e condenas ao TOP con penas de prisión. Decenas de persoas foron detidas no cárcere da Coruña. Entre eles os membros da mesa redonda onde explicaron o que significaba estar comprometido coa mellora das condicións de traballo, sufrindo os abusos do réxime franquista e o seu paso pola prisión coruñesa.