O Concello da Coruña presenta a Oficina de atención ás vítimas da represión

 

“A Coruña conta  cunha Oficina de atención e asesoramento ás vítimas do franquismo e a represión. Localizada na Casa Museo Casares Quiroga, este novo recurso municipal a prol da xustiza e a reparación nace, ademais de co impulso do actual goberno local, da man da Universidade da Coruña (UDC) e a propia sociedade civil coruñesa, que durante décadas traballou con este obxectivo a través das entidades memorísticas. Así o destacou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que hoxe presidiu o acto de inauguración deste espazo, xunto ao concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. O rexedor manifestou que esta oficina, a primeira destas características que existe en Galicia, bota a andar en base a un convenio asinado entre o Concello e a universidade polo que a administración local contribuirá a financiar, cunha achega anual de 40.000 euros, a nova Cátedra Institucional de Memoria Histórica da UDC. Esta xirará en torno a tres eixos: a apertura da Oficina de Atención ás Vítimas, a investigación a través dun equipo formado por persoal docente e investigador e a divulgación dos resultados deste traballo. Seguir lendo

Advertisements