Folga de fame de Xan María Castro no cárcere

Xan María Castro, activo sindicalista, pasou seis meses no cárcere da Coruña.

«Fixemos unha folga de fame e metéronos en celas de castigo. Estaban nos sotos, cunha humidade terrible e unha manta nada máis. E volvemos poñernos en folga. Eu non morrín porque o compañeiro da cela do lado, Rafael Pillado —outro coñecido sindicalista— avisou aos gardas, que me sacaron en mínimos de tensión. O caso saíu na prensa, tivo repercusión internacional, e deixaron de usar aquelas celas inhumanas»

Primeiro de Maio de 1972

dia-del-trabajo

“Detivéranos o marzo e o primeiro de maio fixemos un acto político. Cando chegou Becerro, o director do centro, víu aquello cheo de bandeiras do PC e quedou frío. O director pedíu que non transcendera”

Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”,  preso no 1972

De BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Loita pola libertade dos presos

“Empecei a traballar con quince anos nunha compañía auxiliar de ASTANO. Tíñamos moitos conflictos laborais, porque se traballaba con elementos de moita toxicidade.. Políticamente as consignas estaban moi definidas e os obxectivos estaban claros, pero antes tivemos que empaparnos de cultura e de formación política . Polo que máis loitabamos era pola libertade de Pillado, Amor e Riobo( lideres sindicais de CCOO presos)”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.