O “inmundo caserón” que A Coruña sentía “oprobio” de ter por cárcere

Cárcere do Parrote. Anos 20 do século XX

O pasado mércores 26 de novembro do 2025 , asistiamos á estrea oficial de “Luz, Pedra e Cinza”, un documental producido por Nós Televisión e apoiado polo Concello da Coruña no que se facía un percorrido polos espazos da nosa cidade que o goberno local ha solicitado para o seu nomeamento como lugares de memoria (península de Punta Herminia e cárcere da Torre, casa museo Casares Quiroga e a casa Cornide). Cando nos entrevistaron para falar do penal, comentamos que antes do actual cárcere da Torre, o presidio coruñés, atopábase no Parrote, nun edificio antigo e en moi mal estado, alonxado dos modernos postulados de Concepción Arenal -moi de actualidade na época- ao que os coruñeses daquela época tiñan autentico noxo,  e non, non é unha esaxeración.

Seguir lendo

Traslado dos presos dende o antigo cárcere do Parrote ó novo cárcere da Torre

Prisión Provincial da Coruña no 1927. Arquivo do Reino de Galicia
Cárcere do Parrote no 1927. Arquivo do Reino de Galicia

Na Voz de Galicia do 27 de decembro de 1927, aparece a noticia co seguinte titular “Ya se hizo el traslado de los presos a la nueva cárcel”, que ocupa unha grande extensión na portada do diario, e que ten unha grandísima importancia documental, xa que dunha parte revela a denostación que a opinión pública tiña respecto ó Cárcere do Parrote (que tamén aparece reflexado na placa conmemorativa da inauguración da Prisión Provincial situada na porta do edificio) e o desexo de que este edificio desaparecera da cidade no menor tempo posible; por outra parte describe con grande detalle as características que tiña a Prisión Provincial nese primeiro momento, e por outro, narra, tamén con moito detalle o traslado dos presos entre as dúas prisiones, que reproducimos de seguido:

Seguir lendo

Características do Cárcere da Torre no ano 1927

A Voz de Galicia do 27 de decembro de 1927 recolle na súa portada o traslado dos presos dende a vella prisión do Parrote ata o novo cárcere da Torre; neste amplo artigo, aparte da narración do proceso de traslado dos presos, faise unha detallada descripción das características, equipamentos e a organización do persoal do cárcere provincial nos seus primeiros días, que reproducimos a continuación:

“Inmediatamente comenzó a prestar servicio la guardia militar compuesta de un sargento, dos cabos y diez y seis soldados de Infantería […] La nueva cárcel tiene cabida para 160 presos en total, distribuidos en pabellones independientes para hombres y mujeres.

Para los presos varones cuenta con 61 celdas individuales; cuatro llamadas de aglomeración, y destinadas a detenidos por faltas gobernativas y delitos políticos; y 11 para incomunicados y de castigo.

Los dos pabellones de mujeres tienen 12 celdas individuales y dos de aglomeración, una en cada uno de aquellos.

Se alumbra el edificio con luz eléctrica y cuenta con instalación de gas para alumbrado supletorio.

Seguir lendo