Campos de concentración e prisións en Galicia (1936-1940)

Artigo de Xosé Manuel Suárez Martínez, presentado no congreso de Narón sobre as condicións de vida nos campos de prisioneiros e Galicia durante os anos da guerra de España.

“……..En Galicia erguéronse campos seguindo a maioría unha localización costeira, para aproveitar o transporte marítimo; así, ademais de en Ferrol, Cedeira e A Guarda –como xa vimos–, funcionaron instalacións presidiarias en Betanzos (nunha vella fábrica de coiros), Muros (de setembro a novembro de 1937), Rianxo, Padrón, A Pobra do Caramiñal, no antigo lazareto da Illa de San Simón (Redondela), no mosteiro de Oia, no cuartel de Figueirido (Pontevedra), e aparte destas instalacións en edificios
improvisados para realizar a función de clasificación, funcionaron cárceres para presos políticos nas capitais provinciais, en Vigo, Monforte de Lemos, Tui, Oseira (con dous centos de presos en 1937 encerrados no mosteiro) e Celanova, este no convento de San Salvador, no centro da vila, para desconxestionar a prisión de
Ourense.
Os campos de concentración serviron como primeiro acollemento de presos de guerra, eran un filtro para identificar ós presos e clasificalos en cinco categorías en función da súa “perigosidade” ……………………….”

Deixar un comentario