Luís Alonso Álvarez , o vran do 67 no cárcere

luis alonso alvarez busto si.jpg

Luís Alonso estudiaba Maxisterio e tiña inquedanzas;  esto fíxolle implicarse nas xuventudes do  Partido Comunista.

A presión da policía sobre os partidos políticos – e daquela era o P.C. o que tiña a maior actividade- fixo que apresaran un grupo enorme, entre eles o mozo Luís.

Un home, camarada deles , que estivera en Alemania do Leste na formación de cadros  formándose como outros militantes, parece que foi obligado a dar nomes. Daí resultou unha importante caída do PC na Coruña. E daí que Luís, o estudante, fora  visto pola policía cando camiñaba polo Cantón Pequeno. E apresado.

Mentras a familia preocupada pensaban que dous tíos policías axudarían . O xefe da BPS, un home de apelido Piñeiro, ó que todos temían, preguntaralle  a un deses familiares

-Que fago co sobriño?

– Como a todos- respostaron os tíos.

Na comisaría

Alí, cando chegou ensináronlle a outros militantes que caerán e que foran maltratados; Luís Alonso viunos con moratóns e golpes, como a Antonio Arias Curto que estaba maltreito, coa cara inflamada.

Luís sufríu golpes e paos entre os dedos e sacudidas, fixéronlle “como a todos”.

Seguir lendo

Advertisements