Luís Alonso estudiaba Maxisterio e tiña inquedanzas; esto fíxolle implicarse nas xuventudes do Partido Comunista.
A presión da policía sobre os partidos políticos – e daquela era o P.C. o que tiña a maior actividade- fixo que apresaran un grupo enorme, entre eles o mozo Luís.
Un home, camarada deles , que estivera en Alemania do Leste na formación de cadros formándose como outros militantes, parece que foi obligado a dar nomes. Daí resultou unha importante caída do PC na Coruña. E daí que Luís, o estudante, fora visto pola policía cando camiñaba polo Cantón Pequeno. E apresado.
Mentras a familia preocupada pensaban que dous tíos policías axudarían . O xefe da BPS, un home de apelido Piñeiro, ó que todos temían, preguntaralle a un deses familiares
-Que fago co sobriño?
– Como a todos- respostaron os tíos.
Na comisaría
Alí, cando chegou ensináronlle a outros militantes que caerán e que foran maltratados; Luís Alonso viunos con moratóns e golpes, como a Antonio Arias Curto que estaba maltreito, coa cara inflamada.
Luís sufríu golpes e paos entre os dedos e sacudidas, fixéronlle “como a todos”.
Debe estar conectado para enviar un comentario.