Luz ás sombras da Coruña

Artigo de Alba Porral en LA OPINION

O blog ‘A Memoria do Cárcere’ recupera a historia de Arturo Taracido, concelleiro coruñés entre o 31 e o 34, coa testemuña do seu fillo

“O paso pola prisión provincial do concelleiro, tenente alcalde e deputado Arturo Taracido é unha das últimas publicacións que recolle o blog ‘A Memoria do Cárcere’, impulsado por Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. A historiadora recupera feitos e lembranzas dos presos políticos e os seus familiares coa intención de rehabilitar e dar dignidade ás vidas dos represaliados pola ditadura.

O cárcere provincial garda unha memoria agochada que, con iniciativas individuais e colectivas, vai dando pequenos pasos para completar e dar luz ás sombras da historia da Coruña. É o caso do blog A Memoria do Cárcere, onde a historiadora Carmen García-Rodeja, colaboradora da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, conta as historias dos presos políticos que pasaron tempo entre paredes represoras a través de testemuños, debuxos, fotografías, vídeos e poemas que conforman unha sorte de grito para desafiar ao silencio. Unha das últimas publicacións lembra a Arturo Taracido, concelleiro da Coruña entre o 31 e o 34, despois tenente alcalde e vicepresidente da Deputación Provincial no 36. Foi a primeira persoa que entrou por oposición no Concello. Tamén foi membro das Irmandades da Fala, presidente do Casino Republicano e colaborador de A Nosa Terra.Seguir lendo