Trato no cárcere

si doubling-up-prison-390x285.jpg

“É curioso: O seren derrotados os alemáns na batalla de Stalingrado  o sistema carcelario español cambeou moito. Era outro comportamento dos guardiáns; traguíanos periódicos e noticias verbais. Algúns ata comentaban, para congraciarse con nós, que tiñan exercido mesmo oficio durante os anos da República. Houbo unha reducción de penas e liberaron a moitos presos en todo o país”

Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ata o 1945

en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros. Ediciós do Castro. 1991

Comida e fame

“Pásábamolo moi mal. A comida era pésima. Díxose que entre os tres mil presos que había, morría, como promedio, un por dia, de fame.  Eu seguía tendo sempre algunha axuda da casa, e ata dos veciños. Miña irmá Pepita de cote aparecía con algo que non deixei nunca, de compartir con demáis presos”

Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ata o 1945

en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros Ediciós do Castro. 1991