Alfredo Suárez Ferrín foi alcalde de A Coruña durante o Frente Popular, debido ó golpe de estado franquista, foi detido o 21 de xulio de 1936 e condeado a morte xunto con Manuel Guzmán, o funcionario municipal Francisco Prego, o secretario Joaquín Martín Martínez, e os líderes do PSOE, Maseda e Mazariegos, sendo executado no Campo da Rata o 31 de agosto. O seu neto Alfredo Suárez lembra as tristes consecuencias prá familia.
Entrevista realizada por Alba Porral
Video de José Louzao venticincoproducciones
Eran as catro da tarde do martes 21 de agosto de 1936 cando os militares o detiveron no seu propio domicilio, no número 27 de Riego de Agua. Pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte.
Debe estar conectado para enviar un comentario.