Homenaxe a Celsa Díaz Cabanela

Texto lido por Chuky Trillo na investidura  de Celsa Díaz Cabanela como Republicana de Honra no ano 2019

Cuando se cuenta, se usurpa la memoria de los otros…
Mi memoria o mi nostalgia me han hecho tejer hilos.
Pero no forjar cadenas.
                SIMONE SIGNORET, La nostalgia no es lo que era

“Boa tarde, en primeiro lugar quero agradecer á Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña que pensase en min para presentar a Celsa nesta merecida homenaxe como Republicana de honra.

Boa tarde, Celsa, hoxe tócame falar de ti, o que me produce un pracer enorme.

Amigas e amigos: Celsa pertence a unha xeración que desde unha idade moi temperá asumiu un compromiso, un compromiso coa xustiza, coa liberdade, coa solidariedade e cos Dereitos Humanos. Coñecémonos na entrada do instituto feminino, corría o curso 71-72, eu era  delegada da miña clase e alí apareceron Celsa e Conchi. Conchi ( González) non estudaba (era a filla de Xoaquin “ O Panadeiro” veterano militante comunista), Celsa estudaba en Monelos, a partir  daquel momento o noso compromiso non daría marcha atrás.

A ditadura fascista seguía en pé, a sombría presenza da ultradereita e da policía político social provocaba que calquera modelo de organización tiña que moverse entre as sombras da clandestinidade. Os partidos políticos e as asociacións estaban prohibidos e calquera manifestación popular nas rúas provocaba deseguido a presenza das forzas armadas e en consecuencia  as cargas e detencións policiais.

Seguir lendo