Expediente carcelario de Benito López López

Indultado despois de morto

Ficha penitenciaria (p01  p02 p03 p04) de Benito López e López, barbeiro,  veciño de Ribadeo que entra na prisión provincial de Lugo  o 30 de setembro de 1936 , procesado en Octubro dese mesmo ano e condeado a prisión perpetua.

Foi conducido  ó penal coruñés o 20 de marzo de 1937 onde falece vítima da tuberculosis o  20 de marzo de 1940.

Tres anos despois O 23 de febrero de 1943 inscríbese no documento a conmutación da pena.

 

Advertisements

Benito López López o barbeiro socialista de Ribadeo, indultado despois de morto

Foto BENITO LOPEZ NIETO RIBADEO.jpg

Benito López López, de Ribadeo, era socialista,  foi  acusado de “instigar” ás tropas franquistas na súa entrada en Ribadeo e condeado por “traición” a reclusión perpetua. Foi preso no cárcere de Lugo e transaladado ó penal coruñes onde faleceu  de tuberculosis pulmonar, pola fame e polo frío que había daquela nos cárceres de franquismo. Era o ano 1040 . Tiña 43 años e  dous  fillos pequenos.

Seguir lendo