Hai sitios peores que o cárcere

gate-191675_960_720

“Para un militante a estancia cos seus compañeiros dentro do cárcere é moito máis segura que fóra, porque oficialmente no cárcere non poden torturarte”

Jose Torregrosa

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

Asasiñato de Puig Antich

puig antich

O cárcere cambioume a vida totalmente” (…..)

Vivía anguriado e o agarrotamento de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974, deulle para matinar que podía morrer:  “ Tiven medo moitas veces e por moitas cousas, pero o asesiñato de Salvador, a súa morte, a pouca xente que foi ó seu enterro, aquela soidade da familia, nese proceso volvo a ter medo. Ese proceso anímico foi superado coa solidariedade e apoio dos compañeiros

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

A soidade

carcerecoruña Mada Carballeira (13)

 

 

 

 

 

 

 

 

As dez da noite pechábanse as celdas individuales: escoitábase o golpe na porta, era moi cruel e moi duro ( ..) tiña na miña celda colgadas moitas citas bíblicas  e axudábame moito a poesía de Miguel Hernández

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

Frío no cárcere

carcerecoruña Mada Carballeira (17)

No cárcere facía moito frío e humidade, era unha cárcere moi antiga. Alguén regaloume un xersei, alí coñecín a Pillado e ó vello Loureiro

Vicente Álvarez Areces, preso no ano 1968 pola súa actividade política no PC sendo estudiante en Compostela e no 1972 despois das movilizacións obreiras en Ferrol.

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.
foto Mada Carballeira

Condicións no cárcere

“Na cadea había unhas condicións moi boas para os presos políticos, era o fruto dos compañeiros que tiñan pasado por aí como Julio Aneiros ou  Rafael Pillado, coas súas reivindicacións e folgas de fame”.

José María Freire Piñeiro, preso no ano 1974

BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo,Compostela, 2011.

Única presa política no cárcere na Coruña

Foi condeada a seis meses de prisión “por agredir con un bolso a la policía”,  foi levada ó cárcere da Coruña, tamén Aneiros,  por propaganda ilegal…. E foron caendo todos.

 “No cárcere estaba soa porque era a única presa política” pero sentíuse moi arropada, polos compañeiros, pola familia e polas traballadoras de PYSBE que cada semana iban visitalles e leváranlle comida, paquetes e incluso “un colchón mercado por elas

María Ángeles Rivera Torres “Gelines”

BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.