Clases e organización dos presos

“Había clases onde cada un deles ensinaba do seu, Guerreiro daba clase de Matemáticas e Francisco Rodríguez explicaba de nacionalismo e de Rosalía de Castro. Tamén había  asambleas e conferencias . Eu tuven que falar sobre “La iglesia no mundo de hoxe”, e a xente vin que estaba moi informada de todo. Había moita solidaridade tamén en compartir a comida.”

unnamed.jpg

Anxo Ferreiro Currás, preso ferrolán ingresado no 1972

de:BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.
Advertisements

O que se aprendeu no cárcere!

PELOTA.jpg    LIBRO.jpg

“A xente organizaba sesións de lecturas comentada, charlas, debates e moreas de actividades deportivas no patio do penal coruñés;  xogaban ó fútbol, ó balonman e á pelota vasca. Tamén preparabamos lecturas comentadas, eu preparei unha con Suso Díaz sobre  Engels”

“Daquela  éramos practicamente todos do PC e do entorno de Comisiones obreras. Tamén había dúas persoas da UPG, un deles Paco Rodríguez que era un dos máis activos nos seminarios que se organizaban. O certo é que aprendes a valorar ás persoas e  adquires coñecementos que doutra maneiras non adquirirías. Xente coma nós que estabamos condeados a traballar no asteleiro de por vida”

Ignacio Fernández Toxo, preso na Coruña no ano 1971

 

de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

Aprendendo no cárcere

“O cárcere foi unha escola para moitos de nós: No 72 había matemáticos, avogados, dábanche clases de cousas que ti ignorabas. O problema foi cando fumos quedando poucos”

Ricardo Aneiros Sixto, sindicalista, no cárcere da Coruña despois dos sucesos en Ferrol no 72, estivo nove meses e foi absolto no xuizo por falta de probas

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.

Vida solidaria e clases

gris

“Había  xente desapegada como Álvarez Areces, Rafael Bárez, Pillado, Miramontes e daban clase de inglés , ruso, facían teatro, revistas de prensa, foros políticos e cociña baixo as ordes estrictas do vello Loureiro. Era una vida marabillosa mentras o que pasaba fora era de espanto” 

Jose Torregrosa( preso no ano 1972)

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela,  2011.

Aprender no cárcere

LIBROS

 

“Había moitos mestres que daban aula. Estaban sentados no chan arrodeados de alumnos que con lapis e libretas adeprendian de vellos o que non poideron facer de mozos. Tamén había quen enseñaba inglés e francés, e hasta había un catalán que enseñaba alemán

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.