Primeiro de Maio de 1972

dia-del-trabajo

“Detivéranos o marzo e o primeiro de maio fixemos un acto político. Cando chegou Becerro, o director do centro, víu aquello cheo de bandeiras do PC e quedou frío. O director pedíu que non transcendera”

Xose Loureiro Lugrís, “o vello Loureiro”,  preso no 1972

De BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.
Advertisements

Destino: cárcere

“Daquela (ano 72) había dúas maneiras de levarte ó cárcere ou te detiñan cunha acusación ou te impoñían unha cuantiosa multa gubernativa da DGS, o meu caso”

Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.

Loita pola libertade dos presos

“Empecei a traballar con quince anos nunha compañía auxiliar de ASTANO. Tíñamos moitos conflictos laborais, porque se traballaba con elementos de moita toxicidade.. Políticamente as consignas estaban moi definidas e os obxectivos estaban claros, pero antes tivemos que empaparnos de cultura e de formación política . Polo que máis loitabamos era pola libertade de Pillado, Amor e Riobo( lideres sindicais de CCOO presos)”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.