France García García “da lejía”

1-Socialistas hacia Gob. Civil para pedir armas y municiones
Foto: primeiro a esquerda Pepin de la Lejia (José García García), detrás, con abrigo, o seu irmán France. 

Naceu en Ribadeo en 1912, traballaba no negocio familiar (unha pequena fábrica de lexías) en A Coruña. Presidente das “Juventudes Socialistas Unificadas” de A Coruña formou parte das milicias populares que defenderon o Goberno Civil, loitando tamén nas rúas da cidade contra os sublevados. Foi  detido en Guitiriz o 25 de xullo do 1936 xunto aos seus irmáns Bebel e Jaurés e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte.  Foi fusilado o 29 de Xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que  o seu irmán Bebel. ( Jaurés foi morto na aplicación de “lei de fugas” xunto a José María Eirís e   Leovigildo Taboada)

Velaquí compartimos un poema incorporado á causa xudicial 366/37.

LAMELA GARCÍA, L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A  Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.

Advertisements

Canción adicada a Pepín da Lejía

 

foto pepin de la lejia 1.jpg

Nesta peza homenaxéase a José García García unos irmáns da Lexía, pertencía Á Agrupación socialista de A Coruña e e fundador das Juventudes Socialistas;  estivera preso no ano 1934 e 35  pola participación na folga revolucionaria de 1934 .

Cando se produce  o golpe de Estado contra a República participou na defensa da cidade mentras os seu irmáns as Bebel, France e Jaurés, axudaron na defensa do Goberno civil.

Co golpe de Estado contra a República  os seus irmáns Bebel  e France foron executados  en Punta Herminia e  o corpo do mozo  Jaurés apareceu cadavre meses  despois xunto ó campo da rata.

Pepín  logrou fuxir de Galicia o 26 de setembro de 1936, e pasou á zona republicana. Vivíu exiliado desde o ano 1939 en Buenos Aires.

Voltou a Coruña  no ano  1977 onde faleceu no 1996.

 

Jaurés García (da lexía)

si IMG_20160223_183145.jpg

Naceu en Ribadeo en 1921, a familia trasladouse a A Coruña e  Jaurés traballaba no negocio familiar da fábrica de lexías. Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias populares  que defenderon o Goberno Civil, luchando tamén nas rúas  da cidade contra os sublevados,  foi detido aos 17 anos xunto aos seus irmáns  France e Bebel, en Gutiriz.

Xulgado en A Coruña por rebelión foi condeado a cadena perpetua (debido a súa idade).

O gobernador civil Florentino González Vallés ordenou o 7 de xaneiro de e 1937 que varios presos do cárcere da Coruña foran transladados a  Pamplona. O día 12, no mencer foron sacados Manuel Vázquez González, o vocal del Sindicato de camareros e socio de Germinal, Enrique Rosende Calvo, José María Eirís Carro, Jaurés García García e Leovigildo Taboada Alvarellos con destino ó tren que os levaría a Pamplona.

So chegaron os tres primeiros

Os demáis, foron conducidos polo cabo da Guardia Civil Valeriano Ibáñez Bartolomé, Amador de Mena Domínguez e Dionisio Maestre e leváronos perto do Campo da Rata e aplicáronlles a chamada “Ley de Fugas”.

Os tres homes morreron polos disparos da gardia civil encargada da custodia. Jaurés, esposado, acababa de cumplir os 18 anos, Eirís tiña 35 anos e Leovigildo Taboada -o secretario particular do gobernador civil fusilado Francisco Pérez Carballo- 61 años,

Taboada e Eirís morreron baleados esposados un ó outro.

A Jaurés, despois de morto, concédeselle unha conmutación da pena de morte por 20 anos de cadea.

Fonte:
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://dfszee.blogspot.com.es/