Jordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña

Sabiamos da obra de Jordi Tell polos estudios de Xosé Lois Martínez , pero foi a  través de Arturo Taracido Veira que coñecimos á persoa que había detrás da súa importante obra.

A investigación histórica apórtanos esa enorme emoción cando imos debrullando o fío para chegar ás persoas e ás súas vidas.

Foi  Arturo Taracido Fraga ,  fillo do tenente alcade republicano da cidade da Coruña Arturo Taracido Veira ,  quen nos contou a estadía do seu pai no cárcere, as fatigas e sufrimentos que soportou a familia e as dificultades posteriores. Tamén nos falou da solidariedade e das amistades que fixeron no penal.

Durante ese ano 36 e seguintes era o cárcere un lugar lóbrego e triste pero  onde decenas de persoas acudían para colaborar, para axudar coa comida para dar apoio…Gran cantidade de persoas da Coruña estaban presas e alí una gran número delas eran sometidas a consellos sumarísimos ou a cobardes “paseos”.

E soubemos da chegada   – en abril do 37-   dun grupo de catalanes, que viñan de Alemania, e foran  enviados pola GESTAPO a Franco,  e foron presos na Coruña.

Eran Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.

Despois dunha accidentada  viaxe desde Bremen, son conducidos ó chegar ó  porto da Coruña  á comisaria de Juan Florez onde durmen sobre exemplares  dos  periódicos “La Voz de Galicia” e “El Ideal gallego”,que lles fixo máis moliño o chan frío e duro da comisaría.

Despois son levados ó cárcere onde deberon mostrar ós compañeiros presos que  non eran alemás, senón catalanes e así evitar as suspicacias que provocou o malentendido ( segundo conta Gascon no seu libro Memorias d’un perodista catalá)

Eran: un arquitecto, un  periodista, un violonchelista,un  empresario e un abogado. Todos eles arribaron ó triste da cadea da Coruña.

Eran os compañeiros da  cella 17.

Descríbeos Quintás Goyanes compañeiro de presidio deste xeito no poema “Estampa y perfiles del patio”

Diciembre en la cárcel,/ -bajos soportales/ Un viento que corta,/ ni rastro de sol.

Sólo el optimismo/ que anida en los pechos,/ hace que en el patio,/ haya algún calor.

En grupos los presos/ discurren tranquilos;/ discuten a veces,/ charlan sin cesar.

Llegó la noticia…/ se juntan los grupos / y la algarabía/ crece más y mas.

El grupo babilónico/y multiparlante / da a un rincón del patio/ curiosa expresión.

Libretas, cojines,/pipas, luengas barbas,/y  en medio tranquilo/y heroico Gascón.

También la gimnasia/tiene algún prosélito/ que la realiza/ casi con unción.

Y Halla en Alvareda/ -esquiador frustrado-/ Su más denodado/ y mejor defensor.

De Bach y Beethoven/ reniega Boadella,/ pues los nazis fueron/ brutales con el.

Y al igual que el arco/el héroe de Helvecia/ maneja su lápiz,/ su homónimo Tell.

En la cárcel – XII – 37

A investigadora Gemma Domenech – desvélanos a través das cartas de Jordi Tell-,  a deplorable comida, o horror da celda e da falta de hixiene no váter e  a necesidad de xabón.[1]

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é image-4.png

Nembargantes  tiveron a axuda a través da casa Simeón[2] coñecidos do preso  García Obregón, e conta Tell nas súas cartas as vicisitudes para conseguir comida e a solidariedade entre eles, o apoio de García Obregón a Gascón e cómo comparten Tell, Boadella e Albareda con Auernheimer a ración de comida que lles trae Manuela do Simeones.

Tamén tiveron axuda dun cliente do hotel Bristol do que  Albareda era propietario en Barcelona. Proporcionaronlles mantas e sábanas e  desinfectante flit.[3]

Tamén as familias de amigos  mandaronlles algo de comida de roupa de vestir, así como o papel e lápices a Tell, cos que pudo debuxar e escribir

Conta Tell nas cartas  as  partidas de xadrez e describe tamén cómo á tardiña cantan baixiño  – dirixidos por Boadella- cancións populares alemanas. E describe a emoción do ouvir tocar no órgano na misa do galo, a famosa sardana: “La santa espina”.

Jordi Tell animábase debuxando ós compañeiros e temos tamé recordo escrito dos paseos polo patio de Quintás Goyanes, Benigno Araujo,  Arturo Taracido e Domingo Quiroga. Era o ano o ano 1937.

D. Benigno Araujo,/-jirón de tragedia/Embutido en negro/todo su exterior.

En su fuero interno/también la amargura/ha puesto su trono/con todo rigor.

Domingo Quiroga,/extraña juntanza/de un Nelson sin barcos/con faz de Voltaire.

Y aún su voz a veces,/y a modo de efugio/tiene resonancias/del padre Mercier.

Ademán pausado,/seriedad, prudencia,/espíritu agudo/nada concejil;

tiene Taracido/siendo comerciante/un alma de artista/antimercantil.

Todos los oficios./Todas las carreras./Hay de todo tipo/representación.

Tan solo en el patio/se notan dos faltas,/mas son importantes,libertad y sol.

Quintás Goyanes ano 1937.

Conta tamén Tell que  tiñan una cella con ventá pero nela vían cómo tomaban o soliño os probes condeados a morte

Tamén describe Gascón cómo estos homes que ía ó patíbulo batían nas portas e berraban:   

-“Adios camaradas. Viva la República!

 – Acordaos de Expósito!”

Este grupo estuvo un ano preso, despuis Boadella y Carlos Auernheimer acabaron no campo de concentración de Rianxo , Gascón volve a ser apresado e levado ó  cárcere, Miquel Albareda enviado o frente e José Luís García Obregón  levado a outro penal . Jordi Tell tivo unha peligrosa pero exitosa fuga por mar da que nos da conta a súa biógrafa Gemma Domenech.

E o faro de Hércules iluminando a noite:

O faro non o viamos, pero sabiámolo preto en toda a súa beleza e virtude, porque os seus raios atravesaban as tebras como un cometa intermitente, tanto nas noites calmas como nas de tormenta.

Cando á noitiña un gardián malhumorado que nos sentia cantar apagábanos a luz da cela, mirabamos cara á fiestra, e aqueles raios viámoslles de repente brillantes polo ceo como emerxendo do mar infinto, e entón xa nos sentiamos ben acompañados, porque, no medio da barbarie entón presente por aquela pandilla de canallas, aqueles resplandores eran como as miradas dun monstro, si, pero dun monstruo amigo que nos orientaba mellor que a estrela polar que nin podiamos saber onde lucía.

 Si aínda, xa medio durmidos, dirixíamos os ollos cara ao ceo, e viámolo todo escuro, sentiámonos un momento como nenos terriblemente sós, perdidos e cegos no val escuro da vida que era nosa cela. Pero ben pronto nos volvía á vida aquel feixe de tentáculos luminosos que nos acariñaban como un milagre, un milagre que sempre formou parte dos meus recordos da cela 17.

«El far no el vèiem, però el sabíem prop en tota la seva bellesa i virtut, perquè els seus raigs travessaven les tenebres com un cometa intermitent, tant en les nits calmes com en les de tempesta.

Quan al vespre un guardià malhumorat que ens havia sentit cantar ens apagava el llum de la cel·la, miràvem cap a la finestra, i aquells raigs els vèiem de sobte brillant pel cel com emergint del mar infinit, i llavors ja ens sentíem ben acompanyats, perquè, enmig de la barbàrie llavors present d’aqueIla colla de brètols, aquelles llampades eren com les ullades d’un monstre, sí, però d’un monstre amic que ens orientava millor que l’estrella polar que ni podíem saber on raïa.

Si encara ja mig adormits dirigíem els ulls cap al cel, i el vèiem tot fosc, ens sentíem un moment terriblement com nens sols, perduts i cecs en la vall obscura de la vida que era la nostra cel·la.

Però ben aviat ens tornava a la vida aquell feix de tentacles lluminosos que ens amanyagava com un miracle, un miracle que sempre més ha format part dels meus records de la cella 17». [4]

C.G-Rodeja


[1] DOMÈNECH Y CASADEVALL, Gemma :Tell el llop solitai de l’exili català. Ed.Dux.Barcelona 2015

[2] casa Simeón era una banca e rede de almacenes de tecidos moi importante ata os anos setenta en Galicia

[3] https://desinsectador.com/2013/01/28/insecticida-flit/

[4] GASCÓN RODÀ, Jaume. Memories d’un periodista català. Olot. Institut de Cultura de la Ciutat d’Olot, 2006.