Luís Alonso Álvarez , o vran do 67 no cárcere

luis alonso alvarez busto si.jpg

Luís Alonso estudiaba Maxisterio e tiña inquedanzas;  esto fíxolle impicarse nas xuventudes do  Partido Comunista.

A presión da policía sobre os partidos políticos – e daquela era o P.C. o que tiña a maior actividade- fixo que apresaran un grupo enorme, entre eles o mozo Luís.

Un home, camarada deles , que estivera en Alemania do Leste na formación de cadros  formándose como outros militantes, parece que foi obligado a dar nomes. Daí resultou unha importante caída do PC na Coruña.E daí que Luís, o estudante, fora  visto pola policía cando camiñaba polo Cantón Pequeno. E apresado.

 

Mentras a familia preocupada pensaban que dous tíos policías axudarían . O xefe da BPS, un home de apelido Piñeiro, ó que todos temían, ,preguntaralle  a un deses familiares

-Que fago co sobriño?

– Como a todos- respostaron os tíos.

Na comisaría

Alí, cando chegou ensináronlle a outros militantes que caerán e que foran maltratados; Luís Alonso viunos con moratóns e golpes, como a Antonio Arias Curto que estaba maltreito, coa cara inflamada.

Luís sufríu golpes e paos entre os dedos e sacudidas, fixéronlle “como a todos”.

So facía unhs meses que entrara no partido e pouco podía decir. Dos nomes que todos repetían era o de José  Luís Seijas ou Maximino Cacheiro que escaparan a Francia e non podían ser apresados.  Luís fora algunha reunión e tirara octavillas así que pouco podía informar á policía do réxime.

No cárcere

Cando chegou,só,acompañado dunhos grises que o levaron en coche dende a comisaria,recibiuno o director do cárcere. E una das cousas que lle mostrou, cecáis cun obxectivo intimidatorio, foi o garrote vil que estaba no cárcere e que non había tanto que fora usado.

Alí, na cela,  no vran do 67, o tempo pasaba lento, “faciamos exercicio físico,  contábamos historias para darnos ánimos e líamos”. No economato da prisión podíase mercar tabaco e comida, “todo menos latas porque nos podíamos autolesionar”. Algún veciño de Monte alto chegou a tirarnos ó patio tabaco

Compartíu cella con Manuel Lourenzo, Xan María Castro e Enrique Veira. “Cos presos comunes non tiñamos casi trato, tíñamos medo que foran confidentes”. Fóra non pasaban moitas cousas, unha mínima referencia na Voz de Galicia e pouco máis. “Nós criamos que ía haber unha revolta na Coruña para liberarnos”-afirma Luís.

Seguía habendo moito medo.

O tempo foi pasando e ós tres meses saíu, como casi todos os do grupo.

Despois da pena de prisión a pena do servicio militar. Dous anos de instrucción en Parga e de disciplina ríxida por ser “roxo”. No cuartel de San Francisco, en Ourense, onde foi destinado, o primeiro que fixeron foi lévalo onda o coronel, que tamén o recibíu, esta vez para mostrarle un libro e lle dixo: “Mire usted, esto es el código de Justicia militar, aquí no se anda con cachondeos”, despousdesenfundou un sable e deulle no hombro con él. E a continuación pasou o soldado Luís dous anos achicado.

Non sería ata o ano 1970 que foi procesado polo TOP ( Tribunal de Orden Público) . Xa marchara  a Barcelona a seguir estudando a carreira de Historia e alí entrou no PSUC. Despois seguíu o traballo de profesor nun Instituto en Santiago e na  Coruña  onde rematou a súa carreira docente  como catedrático de Historia económica na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

Parece que o afán polo saber nunca se perdeu.

Pero si “o meu paso polo cárcere fíxome ser máis consciente, máis maduro pero tamén perdín a inocencia para sempre”

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s